A Asociación Cultural Frei Canedo organiza unha Gran Festa de Comadres o 12 de febreiro

Tras o éxito da pasada edición, a Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte prepara unha nova edición da Gran Festa de Comadres, que terá lugar o xoves 12 de febreiro a partir das 21:30 horas no parque Ribeira de Canedo. Este evento marcará o inicio das celebracións do Entroido no barrio da Ponte.
A organización ofrece unha cea completa que inclúe callos, carne richada con guarnición, sobremesa, pan, viño, refrescos, auga, café e chupitos, todo por 25 euros. Os tickets para a cea xa están á venda ata o 11 de febreiro nos seguintes puntos: no local da Asociación Frei Canedo da Ponte, na Barbería Sers Barber, na Cervexería Milmañas e en Mira Maruxiña.
Durante a festa, haberá actuacións musicais do Dj residente King Dawit e do Dúo Maratón, para animar a noite. Dende a organización lembran haberá que asistir cun disfaz femenino, como marca a tradición.