A Asociación Cultural Frei Canedo presenta o cartel oficial do Entroido 2026

A Asociación Cultural Frei Canedo da Ponte deu a coñecer o cartel oficial do Entroido 2026, unha festa que se celebrará do 12 ao 16 de febreiro no parque de Ribeira de Canedo.
O cartel foi elixido o pasado sábado tras unha xuntanza dos membros da asociación, na que se votou entre varias propostas recibidas. A obra seleccionada é da autora María Jesús Ballester.
Desde a Asociación Cultural Frei Canedo agradeceron a participación de todas as persoas que enviaron as súas propostas e animan á veciñanza a seguir as súas redes sociais para coñecer todos os detalles da programación dun Entroido que xa está próximo.