A Asociación Cultural Moureán organiza un Magosto en Barbadás

O vindeiro 8 de novembro, o CEIP Filomena Dato acollerá un Magosto organizado pola Asociación Cultural Moureán, con música tradicional, xogos, gastronomía e moitas sorpresas.
A xornada comezará pola mañá cunha sesión vermú a cargo do grupo Picaflores e continuará cun xantar popular. Ao longo da tarde, os asistentes poderán gozar dunha foliada aberta, sesión de DJ, campionato de tute, xogos populares, unha actuación sorpresa e a tradicional queimada, acompañada dun sorteo de agasallos.
Os menús teñen un prezo de 12 euros para adultos (inclúe empanada, churrasco, sobremesa, castañas, chupito e café de pota) e 6 euros para nenos (empanada, pizza, sobremesa e castañas), e as entradas deben reservarse antes do 2 de novembro.