A Asociación Cultural Rebulir ten aberto o prazo para votar o cartel anunciador da Verbena do Rella 2026

A Asociación Cultural Rebulir ten aberto ata oo 2 de abril o prazo para votar no Concurso de Cartel da Verbena do Rella 2026, co obxectivo de seleccionar a imaxe oficial que representará esta festa da cultura tradicional galega.
A Verbena do Rella 2026 celebrarase o 4 de xullo en Vilavidal, no Concello de Ramirás. O cartel escollerase votación popular nas redes sociais antes da decisión final do xurado. O cartel gañador recibirá como premio unha tablet ou vale equivalente, un lote de libros do Consello da Cultura Galega e un diploma acreditativo.