A Asociación de Amigos de Otero Pedrayo entregou os premios da terceira edición do seu concurso de oratoria en formato podcast

OurenseXa
Sara Alonso e Martina Rodríguez foron as gañadoras desta edición co seu traballo “A paisaxe galega como símbolo da nosa identidade”
Imaxe da Fundación Ramón Otero Pedrayo, Pazo de Trasalba
Pazo de Trasalba
2 Sep 2025

Sara Alonso e Martina Rodríguez acadaron o primeiro premio da terceira edición do concurso de oratoria en formato podcast “Ramón Otero Pedrayo”, organizado pola Asociación de Amigos de Otero Pedrayo. O seu traballo, “A paisaxe galega como símbolo da nosa identidade”, conquistou ao xurado desta edición.

O segundo premio foi para Ana González, co seu podcast “Entre letras e lembranzas”, mentres que o terceiro premio recaeu en Lucía Álvarez, Paula del Carmen Díaz, Antía Fernández, Catuxa González, Patricia López, Carla Montero e Milagros Iglesias, do colexio Carmelitas de Ourense.

Todos os traballos presentados ao concurso pódense consultar no canal de YouTube da organización.

O xurado, presidido polo xornalista e profesor da Universidade de Santiago de Compostela, Xosé Ramón Pousa, destacou a calidade do guión e a técnica das pezas premiadas.

Este premio, convocado pola Asociación de Amigos de Otero Pedrayo en colaboración coa Secretaría Xeral de Lingua e coa cooperativa agroalimentaria Coren, está dirixido ao alumnado galego de entre 15 e 25 anos. A entrega de premios realizarase en Trasalba antes de que remate o ano 2025; a data anunciarase proximamente.

⚙ Configurar cookies
0.17044687271118