A Asociación de Mulleres O Rial presenta “Mulleres de aquí e de alí” na Peroxa

OurenseXa
A función será este domingo con motivo do 8M
8m-a-peroxa
7 Mar 2026

Este domingo, 8 de marzo, con motivo do Día Internacional da Muller, a Asociación de Mulleres O Rial organiza unha representación titulada “Mulleres de aquí e de alí” no Auditorio Municipal da Peroxa, a partir das 18:00 horas.

A xornada, que conta coa colaboración do Concello da Peroxa, combinará teatro, humor e homenaxes, co obxectivo de conmemorar a data e poñer en valor o papel das mulleres na sociedade.

0.1226019859314