A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura, candidata aos Premios Muller Rural Galicia 2026

A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura, con sede en Nogueira de Ramuín, participa nos Premios Muller Rural Galicia 2026 dentro da categoría de “Impacto Social e Colaboración Rural”. A gala de entrega celebrarase s días 20, 21 e 22 de febreiro en San Xoán de Río.
A entidade, que naceu como un espazo para compartir visión, raíces e futuro, ten como obxectivo facer sentir a voz e a enerxía das mulleres do medio rural galego. Desde o Concello de Nogueira de Ramuín animan á cidadanía a apoiar a súa candidatura, cuxo prazo de votación está aberto ata este domingo, 15 de febreiro.