A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura organiza unha clase de baile este sábado

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Será na Escola de Moura e combinará diversión e actividade física
taller-baile-ecos-de-moura
10 Apr 2026

A Asociación de Mulleres Rurais Ecos de Moura organiza este sábado 11 de abril, na Escola de Moura unha sesión de Baile Fit. Será unha xornada pensada para desfrutar do exercicio ao ritmo da música.

A actividade será gratuíta para socias e terá un prezo de 5 euros para o resto dos asistentes, que deberán anotarse no teléfono 677 120 598 (Loly), ou ben por correo electrónico, a través da dirección ecosdemoura@gmail.com.

A clase comezará ás 11:30 horas e desde a organización recomendan levar roupa cómoda e calzado deportivo.

0.12899208068848