A Asociación de Mulleres Rurais Xuncos retoma en outubro a actividade deportiva en Xunqueira de Ambía

A Asociación de Mulleres Rurais Xuncos volve poñer en marcha as súas actividades deportivas para o próximo curso, desta volta nas instalacións das Escolas Vellas.
As clases comezarán o 1 de outubro e ofrecerán aos participantes a oportunidade de mellorar a súa saúde e forma física a través do deporte. A oferta inclúe mantemento físico os luns e mércores en horario de 18:00 a 19:00 horas, así como Iogalate, unha combinación de ioga e pilates, tamén os luns e mércores, en horario 19:00 a 20:00 horas.
A iniciativa busca fomentar a actividade física entre a poboación local, ao tempo que promove a socialización e o benestar na comunidade. As persoas interesadas en anotarse poden poñerse en contacto coa asociación no teléfono 608 554 243.