Deportes
Pereiro de Aguiar acolle o sábado a XV Copa Deputación de Ourense de Kung Fu
A cita reunirá a practicantes desta disciplina no Pavillón Municipal da Chaira a partir das 10.00 horas
O Club Ximnasia Pavillón organiza en Ourense a XX edición do seu Torneo de Nadal, con máis de 600 deportistas de toda Galicia
O evento tamén servirá para recoller alimentos e colaborar cunha entidade que apoia a menores con cancro
A San Silvestre Solidaria do Pereiro de Aguiar cumpre a súa cuarta edición a beneficio de nenos con cancro
A proba celebrarase o 31 de decembro e recollerá libros, xoguetes e material escolar novo para a asociación Bicos de Papel
O Concello de Nogueira de Ramuín aprázase a Andaina Solidaria 2026 pola previsión de mal tempo
A camiñada, prevista para este sábado, queda pospoñida sen data fixa ante o risco que as condicións meteorolóxicas poderían supor para os participantes
Barbadás reparte 14.000 euros en axudas para clubs deportivos do municipio
O Concello abre un prazo de dez días hábiles para que as entidades inscritas no rexistro municipal soliciten as axudas, destinadas a sufragar actividades e gastos de funcionamento
Oito mozos do Jiu Jitsu Club Marbel compiten este sábado no Open Nacional Infantil de Castellón
O club ourensán duplica a súa representación respecto ao ano anterior e afrontará as modalidades de NeWaza, Loita e Dúo na cita valenciana
O Concello de Padrenda entrega equipacións deportivas ao Padrenda C.F.
A iniciativa busca respaldar ao club do municipio e reforzar os lazos entre a entidade local e os seus equipos deportivos
Ourense acollerá esta fin de semana o Campionato de España xúnior de halterofilia con 140 deportistas
O pavillón municipal reunirá a deportistas de toda España na 55ª edición desta cita estatal, cunha nutrida representación galega entre os participantes
Escolares da Coruña, Lugo e Ourense participarán na III Gran Final Internacional do Torneo de Xadrez
A cita celebrarase o vindeiro sábado 21 de novembro en León e reunirá arredor de 300 escolares de diferentes puntos de España e doutros países
Uxía Teixeira Vilanova, veciña de San Cristovo de Cea, proclámase campiona mundial no Campionato do Mundo Iska de Kickboxing
A competición, disputada en Madrid, pechouse con varias medallas para representantes da comarca, no que se considera un fito histórico para esta disciplina deportiva na zona
A carreira San Martiño cumpre 49 anos con récord de inscritos e un cartel de nivel internacional
Máis de 11.000 participantes tomarán parte este domingo nunha proba que estrea percorrido, incrementa os seus premios e reúne campións de España, Europa e Etiopía
A carreira do San Martiño obrigará a cortar varias rúas do centro de Ourense o domingo
Varias rúas do centro quedarán pechadas ao tráfico entre as 5.30 e as 14.00 horas aproximadamente, a medida que avancen as distintas probas da xornada atlética
A Carreira Popular do San Martiño marca un máximo histórico con máis de 11.000 inscritos
A proba, que se disputa o vindeiro domingo polas rúas da cidade, supera todas as edicións anteriores desde que pasou a ser de pago en 2012 e consolídase como a cita atlética máis multitudinaria de Galicia
A Deputación de Ourense aproba 1,46 millóns en axudas para deporte, cultura e patrimonio
As axudas aprobadas beneficiarán a varios concellos, con partidas destinadas a renovar campos de fútbol, conservar o patrimonio eclesiástico e sosteñer actividades universitarias e de acción social
Tres deportistas ourensáns suman catro medallas na Super Copa de España de Jiu Jitsu disputada en Canarias
O club Marbel participou con tres competidores na cita celebrada en Teror, unha proba clave para o ranking nacional e para optar a futuras convocatorias internacionais
Paderne de Allariz acollerá unha andaina de outono con percorridos de ata 18 quilómetros
O Concello celebrará o vindeiro 22 de novembro unha xornada de sendeirismo con tres percorridos de distinta distancia e dificultade, pensados tanto para persoas adultas como para os máis pequenos
A Federación Galega de Xudo retoma o seu curso de Defensa Persoal cunha primeira xornada en Ourense
A Aula de Formación Permanente comezou a nova tempada cunha sesión centrada en técnicas fronte a golpes e soltas de agarre, nun programa que se repetirá entre Ourense e A Coruña
Eventos
OcioenGalicia
Programa de Navidad de Vilalba
OcioenGalicia
Mercado de Primavera de O Valadouro 2027
OcioenGalicia
Nadal As Pontes
O Club Marbel celebra o Día Mundial do Xudo antes de viaxar á Supercopa de España de Jiu-Jitsu
O club ourensán conmemora hoxe a xornada reivindicando os valores desta disciplina, na antesala da súa participación este sábado nunha competición en Gran Canaria
Licitada a obra de reforma e modernización do pavillón municipal da Chaira no Pereiro de Aguiar
A actuación permitirá renovar as instalacións deportivas para convertelas en espazos máis cómodos, modernos e funcionais, e inclúe a creación dun novo ximnasio municipal
O Pereiro de Aguiar pon en marcha dúas novas axudas dentro do Plan Reactiva Pereiro
O Concello activa dúas liñas de apoio económico, unha dirixida a deportistas individuais federados con bos resultados en competición e outra pensada para aliviar os gastos das familias numerosas empadroadas no municipio
O Concello de Ourense recoñece os mellores debuxos escolares inspirados na carreira de San Martiño
Vinte traballos de Primaria e Secundaria, seleccionados entre máis de 200 propostas, servirán para sinalizar o percorrido da vindeira edición da proba atlética
O BNG critica a falta de novos investimentos deportivos para Ourense no proxecto de orzamentos autonómicos de 2027
O grupo municipal reclama partidas específicas para o Estadio do Couto e para un pavillón de ximnasia, e anuncia que presentará emendas ao proxecto orzamentario
Ourense reúne máis dun centenar de mozos loitadores na 16ª Copa Deputación de Loitas Olímpicas
O pavillón municipal de Oira acolleu unha xornada de competición por equipos mixtos nas categorías prebenxamín, benxamín e alevín, coa participación de oito clubs galegos
Ourense prepara os detalles do partido solidario contra o cancro de mama que se xoga este xoves en Oira
A Escola de Fútbol Feminino Rosalía e o combinado Mulleres de Ourense saltarán ao céspede o 22 de outubro baixo o lema 'Tomámolo a peito'







