A Asociación de Veciños Castro de Beiro celebrou unha xornada de compostaxe doméstica

O centro social da Asociación Veciñal Castro de Beira, integrada na Agrupación Miño, acolleu unha xornada formativa sobre compostaxe doméstica.
A actividade, que forma parte do Programa Participativo sobre Compostaxe da Deputación de Ourense, pretende poñer en valor a importancia da correcta separación de residuos domésticos e o seu aproveitamento na elaboración de compost coa materia orgánica.
As persoas participantes foron agasalladas cunha cubo Marrón para fomentar a separación da materia orgánica na cociña e levala para os seus composteiros.