A Asociación de Veciños de Bóveda, en Amoeiro, celebra o seu Magosto o 15 de novembro

A Asociación de Veciños de Bóveda, no concello de Amoeiro, celebrará o seu tradicional Magosto o vindeiro 15 de novembro de 2025. O encontro incluirá unha xornada de convivencia con boa comida, sorteos e música en directo.
O menú estará composto por empanada, churrasco, criollo, polo, bica, viño, auga, gaseosa, chupitos e café. O prezo da participación é de 15 euros para socios e 25 euros para non socios.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos teléfonos 630 801 230 ou 639 527 539.
A festa contará ademais coa actuación musical do dúo “Latitud”, que porá o ambiente a unha das citas máis esperadas do outono en Bóveda.