A Asociación de Veciños de Bóveda organiza unha festa de Magosto en Amoeiro o vindeiro domingo
OurenseXa
Os asistentes gozarán dun xantar popular que incluirá empanada, parrillada, pan, bebida, bica, café e chupitos
4 Nov 2024
A Asociación de Veciños de Bóveda, en Amoeiro, organiza o vindeiro domingo, 10 de novembro, unha festa Magosto para a veciñanza, que contará un xantar popular que incluirá empanada, parrillada, pan, bebida, bica, café e chupitos.
As inscricións estarán abertas ata este mércores, 6 de novembro, a través dos teléfonos 630 801 230 ou 639 527 539, e terán un prezo de 15 euros para socios e 25 euros para os que non sean socios, mentres que os menores de 10 anos poderán entrar gratis.