A asociación de veciños “O Pazo” de Trasalba organiza unha excursión a Taramundi

A asociación de veciños “O Pazo” de Trasalba organiza unha excursión a Taramundi, en Asturias, que terá lugar o próximo 31 de maio de 2026. A saída inclúe visitas á propia localidade, á queixería, ao Museo da Cuchillería e ao Museo dos Muíños de Auga, ofrecendo así unha xornada cultural e de lecer para todos os participantes.
O prezo da excursión será de 55 euros para socios da asociación e de 64 euros para non socios, e as prazas son limitadas. Durante a xornada, os participantes contarán con xantar en restaurante, guía acompañante durante todo o traxecto, entradas aos museos, autocar de confort e seguro de viaxe.
As reservas poden realizarse contactando con Purita no 676 31 88 98 ou con Bernardino no 691 886 067.