A Asociación de Veciños San Ramón de Armaríz organiza a V Irmandade de Entroidos

Armaríz celebrará este sábado, 28 de febreiro, a partir das 16:00 horas, a V Irmandade de Entroidos, organizada pola Asociación de Veciños San Ramón en colaboración co Concello de Nogueira de Ramuín.
scaras participantes ofrecerán á veciñanza e aos asistentes unha mostra dos Entroidos de distintos puntos da provincia, permitindo descubrir a riqueza e diversidade destas celebracións. Nesta edición estarán presentes os Felos e as Madamas de Esgos, o Fulión Mourela pra acá de Manzaneda, as Pantallas de Xinzo, os Peliquieios e Parrafóns de Campobecerros, os Felos de Maceda e os Vellaróns de Riós.