A Asociación Diabética Auria organiza este xoves unha andaina para concienciar sobre esta enfermidade

OurenseXa
Dende a Asociación lembran tamén que levarán a cabo durante o mes de abril unha actividade formativa sobre o síndrome do pé diabético
caminata_diabetes
A Asociación Diabética Auria organiza unha andaina en Ourense
18 Mar 2024

A Asociación Diabética Auria organiza este moves, 21 de marzo, ás 10.00 horas da mñn, unha andaina que descorrerá entre o Pavillón dos Remedios e o Parque de San Lázaro destinada a aquelas persoas que querían habituarse a andar.

Ademais, dende a asociación lembran que, durante o mes de abril, dentro das súas accións de concienciación e educación para a saúde, desenrrolarán unha actividade formativa xunto co colaborador habitual e podólogo Navor Pereira. Parte da mesma estará destinada a mellorar a mobilidade dos pés e a súa forza, ademáis de afondar no coñecemento da Síndrome do pé diabético, a cal non dispón de profesionais especializados nin unidades específicas no Sergas. Levarase a cabo en grupos pequenos, nos que as persoas participantes con Diabetes estarán dispostas a ensinar e aprender sobre os seus propios pés.

Dentro desta labor de concienciación para usuarios e profesionais, a Asociación fai fincapé no uso indebido e desaconsellado dos productos callicidas. “Hai épocas do ano nas que aumentan as consultas por este tipo de productos, que por mala indicación e uso xeneran problemas, que no caso dunha persoa con diabetes poden orixinar unha úlcera, osteomielite e incluso unha amputación”, segundo o especialista Pereira.

Varios son os organismos e asociacións de persoas con Diabetes que levan anos pedindo que estes productos non sexan de venda libre en farmacias, xa que as indicacións son limitadas e precisan dun diagnóstico e seguemento para o seu uso, desaconsellado en moitas patoloxías sistémicas con afectación nos pés das persoas con Diabetes.

0.078310012817383