A Asociación Frei Canedo convoca unha nova edición do seu Concurso de Escaparates do Entroido 2026

OurenseXa
O certame está aberto a todos os negocios da Ponte, que deberán decorar os seus escaparates con elementos relacionados co Entroido e coa figura de Frei Canedo
entroido-frei-canedo-2026
22 Jan 2026

A Asociación Frei Canedo convoca un ano máis o seu concurso de escaparates, unha iniciativa incluída na programación do Entroido 2026 coa que se busca implicar ao comercio local na celebración destas datas.

O certame está aberto a todos os negocios da Ponte, que deberán decorar os seus escaparates con elementos relacionados co Entroido e coa figura de Frei Canedo, permitindo calquera tipo de adaptación do personaxe. O obxectivo é contribuír ao ambiente festivo do barrio e reforzar a identidade propia destas celebracións.

As inscricións poden realizarse ata o 12 de febreiro a través do correo electrónico asociacionculturalfreicanedo@gmail.com, indicando o nome do negocio, a súa dirección e un teléfono de contacto. Un xurado encargarase de visitar e avaliar os escaparates participantes a partir desa data e durante os días de Entroido.

O establecemento gañador darase a coñecer o domingo 15 de febreiro, tanto a través das redes sociais como por comunicación telefónica directa. O premio consistirá en 100 euros e un convite para dúas persoas para a cea do luns de Entroido na carpa, que serán entregados o propio luns pola mañá no negocio premiado.

⚙ Configurar cookies
0.081661939620972