A Asociación Mirada Maiores +60 celebrou no Liceo de Ourense unha mesa de traballo para abordar a Estratexia galega fronte ao Idadismo

O Liceo de Ourense acolleu este luns a mesa de traballo Estratexia galega fronte ao Idadismo organizada pola Asociación Mirada Maiores +60, una entidade encabezada por Mª Antonia Rilo que ten como obxectivo acadar o benestar das persoas maiores de 60 anos e visibilizar a realidade do colectivo ao que representan, defender os seus intereses e combater determinados estigmas sociais como o que representa o idadismo.
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, participou neste encontro onde destacou o papel da Xunta para avanzar “cara unha sociedade máis xusta e humana, a través da erradicación os estereotipos e da discriminación contra as persoas maiores”, referíndose á elaboración da primeira Estratexia Galega contra o Idadismo por parte do Goberno galego.
Durante a súa intervención, Manuel Pardo explicou que mediante esta estratexia, pioneira en Europa, actuarase contra o idadismo desde os ámbitos político, lexislativo, educativo e social. Nesta iniciativa, que conta cun horizonte temporal ata o ano 2031, o Goberno galego ten previsto destinar 520.000 euros de fondos propios para poñer en marcha as tres primeiras actuacións concretas, que consistirán en dar visibilidade e desafiar os estereotipos sobre as persoas maiores mediante campañas de comunicación e encontros xeracionais; dar formación e sensibilización no sistema educativo, cun programa piloto dirixido aos mestres de Infantil, Primaria e Secundaria; e crear un Comisionado Autonómico contra o Idadismo, que revisará as políticas públicas e a lexislación para detectar eivas e propor solucións.
O representante do Goberno galego lembrou que Galicia converteuse no ano 2022 na primeira Comunidade de toda España en ter unha Cátedra de Idadismo, concibida para transformar a maneira de pensar, de sentir e de actuar ante o envellecemento. Neste senso, reiterou que trátase da primeira estratexia contra o problema do idadismo, que desde 2021 está tratado pola OMS cunha base científica para afrontalo.