A Asociación Por Eles TEA inaugura a súa nova sede en Ourense

No acto de inauguración estivo presente o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, quen felicitou á asociación “pola súa ilusión e o seu traballo diario”.
Santos destacou que o labor de entidades como Por Eles TEA é “imprescindible para moitas persoas con Trastorno do Espectro Autista e as súas familias” e subliñou o seu papel na sensibilización da sociedade: “Sodes os interlocutores que necesitamos as Administracións para chegar a todos os cidadáns”.
O subdelegado lembrou tamén que “o Goberno está a executar a Estratexia Española en Trastorno do Espectro Autista, que cunha dotación de 40 millóns de euros persegue obxectivos como fomentar a inclusión laboral, mellorar a atención temperá e promover a investigación, entre outros”.