A Asociación Veciñal As Termas celebrou unha xornada comunitaria

OurenseXa
Máis de cincuenta persoas reuníronse na Praza200 para fortalecer lazos e fomentar a saúde comunitaria e a participación veciñal
xornada-convivencia-avv-as-termas
Xornada de convivencia da AVV As Termas
28 Apr 2025

A Asociación Veciñal As Termas vén de celebrar unha xornada comunitaria entre a veciñanza co obxectivo de fortalecer lazos e fomentar a saúde comunitaria e a participación veciñal.

Máis de cincuenta persoas participaron neste encontro que tivo lugar na Praza200. A actividade combinou dinámicas grupais, danza e paneis de experiencias, traballando aspectos como o bo trato, a igualdade ou o benestar emocional. A xornada rematou con un petisco de convivencia.

Con actividades coma esta, a asociación pretende fomentar os lazos entre a veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.16089010238647