A Asociación Veciñal Peares Sen Fronteiras celebra un Magosto este sábado
OurenseXa
Haberá música, baile, sorpresas e comida

6 Nov 2025
A Asociación Veciñal Peares Sen Fronteiras organiza unha festa de Magosto este sábado, 8 de novembro, no local do consorcio, aberto a toda a veciñanza.
A festa arrancará ás 20:30 horas e contará música, baile e moitas sorpresas. Ademais, os asistentes gozarán dunha degustación de panceta, chourizo, pan, bica, queixo con marmelo e, por suposto, as tradicionais castañas asadas.