A Asociación Xuvenil Amencer inaugura a mostra ‘Bandas Galegas’

OurenseXa
A exposición fai un percorrido por algunhas das bandas de música máis representativas de Galicia
Cartel da mostra 'Bandas Galegas'
Cartel da mostra 'Bandas Galegas'
20 Nov 2024

A Comisión de música da Asociación Xuvenil Amencer inaugura este mércores a mostra ‘Bandas Galegas’, unha exposición que poderase visitar ata o 5 de decembro na sala aberta de Amencer e que está organizada con motivo da celebración de Santa Icia, patroa da música.

Os mozos e mozas da comisión de música amosan nesta exposición imaxes dalgunhas das bandas máis representativas de Ourense e de Galicia, como son Siniestro total, Uxía Lambona e a Banda Molona, Brétema”, Fermento”, Fillas de Casandra, Los Suaves ou Tanxugueiras .

Pódese visitar de luns a xoves de 17:15 horas a 19:45 horas e os venres de 17:15 horas a 20:45 horas.

0.20229291915894