A Asociación Xuvenil Amencer organiza un ano máis as ‘Mañás de Nadal’
A Asociación Xuvenil Amencer presenta a décimo sétima edición das ‘Mañás de Nadal’, dentro do programa de actividades do ciclo ‘Nadal en Amencer’, que ten como obxectivo favorecer a conciliación durante as vacacións e proporcionarlle á rapazada actividades coas que pretenden “educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos cativos, a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións colexiais fóra do horario escolar”.
As actividades incluirán obradoiros de animación á lectura, psicomotricidade, deportes, novas tecnoloxías, ludoteca, xogos organizados, visitas ás termas, visitas á biblioteca, visitas a Pazolandia e aos beléns da cidade, entre outras.
O horario das actividades, que terán lugar os días 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro, será de 9.00 a 14.00 horas, cun servizo opcional de 7.45 a 15.15 horas.
O programa está destinado a nenos e nenas desde 1º de Infantil (3 anos) ata 2º da ESO incluídos.