A Asociación Xuvenil Amencer organiza un torneo de baloncesto 3x3 aberto a nenos e nenas de toda a cidade

OurenseXa
Será durante as vacacións de Semana Santa e as inscricións estarán abertas até o próximo domingo
Imaxe recurso de baloncesto
24 Mar 2026

A Asociación Xuvenil Amencer, en colaboración coa Asociación Deportiva Bosco, organiza un campionato relámpago de 3x3 de baloncesto durante estas vacacións escolares de Semana Santa. O torneo celebrarase o luns 30 de marzo, de 11:00 a 14:00 horas, no pavillón cuberto dos Salesianos.

A actividade forma parte do programa “Portas abertas” de Amencer, destinado a nenos, nenas e mozos/as de toda a cidade, sen necesidade de ser socios da asociación. Enmarcada no proxecto “Deporte para todos”, esta iniciativa pretende ofrecer unha opción de lecer durante festas, pontes e vacacións escolares ao longo do curso 2025/2026, promovendo un tempo agradable a través do deporte sen ánimo competitivo.

Os equipos poderán contar con entre 3 e 5 xogadores, e o prazo de inscrición estará aberto ata o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas.

0.13741302490234