A Asociación Xuvenil Amencer presenta o programa de conciliación "Tempo de Troula"
A Asociación Xuvenil Amencer presenta “Tempo de Troula”, un proxecto de conciliación que se levara a cabo entre o 3 e o 21 de xuño e que está destinado aos nenos e nenas de entre 3 e 12 anos.
Dende a asociación explican que este proxecto xorde como resposta "ante a necesidade de conciliación da vida laboral e familiar, de que os rapaces e rapazas destas idades tiveran unha oportunidade de ocupar o seu tempo libre dunha maneira lúdica e educativa, agora que remataron as clases pola tarde e dispoñen de máis tempo libre pola tarde; ademáis de empregar os recursos en canto a infraestructuras que o propio colexio salesiano pode ofrecer máis aló das aulas durante o curso".
Este proxecto terá lugar durante as primeiras semanas do mes de luns a venres, en horario de tarde, de 15:00 a 17:30 horas, e o lugar onde se desenvolverán as actividades será nas instalacións do colexio salesiano María Auxiliadora de Ourense.
Os obxectivos que nos marcamos con este proxecto son educar en valores a través do xogo, favorecer a creatividade dos participantes, propiciar a participación e o traballo en equipo, e poder seguir empregando as instalacións do colexio fóra do horario escolar.
Para levar a cabo esta actividade contarase cunha coordinadora e cun equipo de animadores e animadoras, voluntarios da Asociación Xuvenil Amencer.