A aula CeMIT da Bola pon en marcha novos cursos sobre tecnoloxía

O Concello de A Bola oferta unha nova variedade de cursos na aula CeMIT, pensados para fomentar o uso da tecnoloxía e o coidado da memoria entre a veciñanza.
Os cursos desenvolveranse desde a próxima semana ata o 18 de decembro, en horario de 10:30 a 11:30 horas, e cada día da semana estará dedicado a unha temática diferente.
Os martes a terá lugar curso “Ordenadores para o día a día”, no que os participantes aprenderán a usar o ordenador para tarefas como crear correos electrónicos ou realizar compras en liña. Os mércores será a quenda do teléfono móbil co curso “Mantente conectado”, centrado en apps, redes sociais, fotos e outras función. Por último, os xoves haberá un taller de memoria baixo o nome “Memorizte”, con dinámicas para manter a mente activa e aprender técnicas que se poidan aplicar desde casa.
Para máis información e inscricións, os interesados poden chamar aos teléfonos 988 45 12 93 ou 604 03 79 52.