A Aula CeMIT de A Bola organiza obradoiros de informática para nenos e nenas

OurenseXa
Serán os martes pola tarde e buscan fomentar o aprendizaxe a través do xogo e axudar a desenvolver competencias dixitais fundamentais na infancia
ordenador-nenos-tecnoloxia
26 Jan 2026

O Concello de A Bola informa que, os martes pola tarde, a Aula CeMIT ofrecerá obradoiros de informática para nenos e nenas da localidade, co obxectivo de achegar aos máis pequenos ao mundo dixital dun xeito divertido e educativo.

Os obradoiros, que se realizan de 17:45 a 18:45 horas, están dirixidos ao público infantil e combinan actividades prácticas como mecanografía, informática básica, xogos dixitais educativos e nocións sobre o uso seguro das tecnoloxías da información e comunicación (TIC).

A través deste espazo preténdese fomentar o aprendizaxe mediante o xogo e axudar a desenvolver competencias dixitais fundamentais na infancia. Esta iniciativa enmárcase dentro das accións do programa CeMIT, que busca facilitar o acceso e uso das novas tecnoloxías na comunidade.

⚙ Configurar cookies
0.070218086242676