A aula CeMIT de Celanova organiza un obradoiro sobre control parental e educación dixital

O próximo venres, 17 de outubro, ás 17:00 horas, a aula CeMIT de Celanova acollerá a actividade titulada ‘Control Parental: Tecnoloxía, infancia e mocidade: Ferramentas para familias’.
O obxectivo do obradoiro é ofrecer consellos prácticos ás familias para lograr que as crianzas utilicen Internet de forma segura. Durante a sesión, trataranse temas como os posibles riscos dun uso inadecuado da tecnoloxía, as bases da educación dixital, o establecemento de horarios e límites, a comunicación coa mocidade e os tempos de desconexión dixital.
Tamén se presentarán diferentes ferramentas e aplicacións de control parental, xunto con recomendacións e boas prácticas para fomentar unha educación dixital equilibrada no fogar.
As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición chamando ao 988 431 604.