A Aula Concilia de San Cibrao das Viñas estará dispoñible durante as vacacións de Semana Santa

As familias poderán inscribir ás súas fillas e fillos para os días 30 e 31 de marzo e 1 e 6 de abril
nenos-coeduca-xogando
24 Mar 2026

O Concello de San Cibrao das Viñas porá en marcha a Aula Concilia durante os días 30 e 31 de marzo, así como o 1 e 6 de abril, co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante as vacacións de Semana Santa.

O horario será de 7:30 a 14:30 horas, ofrecendo ás familias un espazo no que os nenos e as nenas poidan gozar de actividades nun contorno seguro e educativo mentres os progenitores organizan os seus días festivos.

Con esta iniciativa, o Concello busca apoiar ás familias do municipio proporcionando alternativas que combinen ocio e coidado infantil en períodos non lectivos.

0.12159299850464