A Aula de Formación Permanente da Federación Galega de Xudo celebrou en Ourense un curso de Defensa Personal

OurenseXa
O curso tivo lugar nas instalacións do Club Marbel e foi impartido polo mestre ourensán, Manuel Montero, xunto ao tamén mestre Marcos Bermúdez
curso-defensa-club-marbel
18 Feb 2026

O pasado sábado, 14 de febreiro, celebrouse nas instalacións do Club Marbel de Ourense un curso de Defensa Personal organizado pola Aula de Formación Permanente do departamento desta especialidade da Federación Galega de Xudo.

O curso foi impartido polo Maestro-Entrenador de Xudo e Defensa Personal da Comisión Nacional de Defensa Personal, Marcos Bermúdez, e polo director do departamento, o Maestro-Entrenador de Xudo, Defensa Personal e Defensa Policial, Manuel Montero.

O obxectivo destas xornadas é a promoción, o adestramento, a actualización e a posibilidade de obter o Cinturón Negro en Defensa Personal. Durante a sesión abordouse a situación actual da disciplina e distintos métodos de defensa aplicables tanto a cidadáns en xeral como a membros de forzas e corpos de seguridade pública e privada. Entre os temas tratados destacou “Defensa e solturas contra agarres”.

As xornadas desenvólvense de forma mensual ata o final da tempada, alternando entre Ourense e A Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.081707000732422