A Aula de Teatro de Pereiro de Aguiar levará á Pobra de Trives a súa función ‘Puntadas Rebeldes’

RibeiraSacraXa | OurenseXa
Trátase libre adaptación da obra clásica ‘Lisístrata’ e terá lugar este sábado no Auditorio Julio Vázquez
puntadas-rebeldes-trives
14 Jan 2026

A Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar levará este sábado, 17 de xaneiro, a súa obra ‘Puntadas Rebeldes’ á Pobra de Trives. A representación terá lugar ás 18.00 horas no Auditorio Julio Vázquez e está recomendada para público maior de 13 anos.

‘Puntadas Rebeldes’ é unha libre adaptación da obra clásica ‘Lisístrata’, con dramaturxia e dirección de Nerea R. Oliveira. A proposta aborda o texto desde unha visión contemporánea, mantendo o espírito reivindicativo da obra orixinal.

A actividade está organizada pola Asociación Cultural A Caniceira, que celebra o seu 20 aniversario, e conta coa colaboración do Concello da Pobra de Trives.

⚙ Configurar cookies
0.081541061401367