A Aula de Teatro de Pereiro de Aguiar representará “Puntadas Rebeldes” no Salón do Edificio Sindical de Ourense

OurenseXa
A función será esta tarde e forma parte do programa de actividades organizado por UI. CCOO Ourense – Valdeorras para conmemorar o 8M
puntadas-rebeldes
4 Mar 2026

UI. CCOO Ourense – Valdeorras presenta o seu programa de actividades para conmemorar o 8M, Día Internacional das Mulleres, baixo o lema “O poder das mulleres”. A programación comeza este mércores coa representación de Puntadas Rebeldes a cargo da Aula de Teatro de Pereiro de Aguiar.

A función, unha libre adaptación de Lisístrata que combina creación artística con reivindicación feminista e que busca achegar ao público temas relacionados coa igualdade de xénero a través do teatro, terá lugar ás 19:30 horas no Salón do Edificio Sindical de Ourense.

Ademais, o 6 de marzo ás 10:00 horas, CCOO convocará unha concentración fronte ao Edificio Sindical baixo o lema “O poder das mulleres. Poder que constrúe”, como espazo de visibilización e defensa da igualdade real entre mulleres e homes.

Desde o sindicato animan á afiliación e á cidadanía en xeral a participar activamente nestas actividades culturais e reivindicativas do 8M.

0.12244009971619