A Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar leva ao Auditorio dos Gozos a comedia 'Puntadas Rebeldes'

O Pereiro de Aguiar, 3 de xaneiro de 2026. O Auditorio dos Gozos acollerá o vindeiro 10 de xaneiro, ás 18.30 h, a representación de 'Puntadas Rebeldes', unha montaxe da Aula de Teatro do Pereiro de Aguiar que parte dunha adaptación libre de 'Lisístrata', a clásica peza de Aristófanes.
A proposta chega á escena como unha cita cultural das vacacións, enmarcada no programa de 'Nadal no Pereiro', e aposta por un formato pensado para todos os públicos, no que o humor se combina coa crítica social e a creatividade escénica.
Dende o Concello animan á veciñanza a achegarse ao auditorio para apoiar o talento local e desfrutar dunha tarde de teatro que recupera, cunha lectura propia, unha obra universal.