A Aula de Teatro Infantil de Barbadás estreou a súa obra de fin de curso na Casa da Cultura Manuel María

OurenseXa
As citas co teatro en Barbadás continúan este venres co grupo de teatro de adultos, que porá en escena a peza ‘Picnic’
grupo-teatro-infantil-barbadas
Imaxe do grupo de teatro infantil de Barbadás
30 May 2025

Aula de Teatro Infantil celebrou este xoves a estrea da súa obra de final de curso, titulada ‘O mundo ao revés’, na Casa da Cultura Manuel María. A representación contou cunha boa acollida por parte do público, que encheu a sala para ver sobre o escenario o traballo realizado por nenas e nenos ao longo do curso.

A actividade teatral continuará este venres, 30 de maio, ás 20:00 horas, co grupo de teatro de adultos, que porá en escena a peza ‘Picnic’. Nesta representación participarán tamén as dúas alumnas da Aula Xuvenil, que se sumaron ao elenco de adultos e tomarán parte en ambas funcións.

Desde a área de Cultura animan á veciñanza a achegarse e apoiar estas iniciativas, así como a formar parte do proxecto teatral municipal de cara ao vindeiro curso.

⚙ Configurar cookies
0.17517995834351