A Banda de Música Cultural de Barbadás ofrecerá un concerto esta tarde no Parque dos Patos

OurenseXa
A actividade enmárcase dentro do programa ‘Verán Cultural’ impulsado polo Concello
banda-de-musica-de-barbadas
Banda de Música Cultural de Barbadás
26 Jun 2025

A Banda de Música Cultural de Barbadás ofrecerá un concerto esta tarde no Parque dos Patos. A cita comezará ás 21.00 horas e a entrada será libre e gratuíta.

O concerto forma parte das actividades organizadas polo Concello de Barbadás dentro do programa ‘Verán Cultural’. Unha proposta que levará distintos espectáculos ao Parque dos Patos todos os xoves durante o verán.

O Verán Cultural conta coa participación de artistas locais, como é o caso da Banda de Música de Barbadás ou o grupo En Mala Hora, pero tamén de artistas nacionais, como a compañía circense Finestra Nou Circ, e internacionais, como Desastronauts ou a fadista Marlene Rodrigues, que inundará de nostalxia e sentimento o parque dos Patos. Inventi Teatro, Trécola Producións e o grupo musical Gin Toni’s completan a programación da cita estival en Barbadás.

⚙ Configurar cookies
0.16213297843933