A Banda de Música Santádega de Coles actuará este mércores na praza do Concello

OurenseXa
O concerto servirá como preparación para a participación da banda no CXIV Certamen Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda
Imaxe da Banda de Música Santágueda de Coles
Banda de Música Santágueda de Coles
25 Aug 2025

A Banda de Música Santádega de Coles ofrecerá un concerto este mércores 27 de agosto na praza do Concello de Coles. O espectáculo dará comezo ás 20:00 horas e contará coa dirección de Roberto Iglesias Rey, xunto con Juanjo Ocón como director invitado.

O concerto servirá como preparación para a participación da banda no CXIV Certamen Internacional de Bandas de Música Villa de Aranda, ofrecendo ao público a oportunidade de desfrutar dun repertorio pensado para esta importante cita musical.

⚙ Configurar cookies
0.16360402107239