A banda Trío Preseli actuará este domingo no Teatro Principal
OurenseXa
O espectáculo, titulado "De o Mar e a Noite" terá lugar este domingo 17 de marzo ás 19.00 horas
Trio Preseli
16 Mar 2024
Trío Preseli trae ao Teatro Principal de Ourense este domingo, 17 de marzo, ás 19.00 horas, o espectáculo "Do mar e a noite".
A banda fórmase no 2021 co obxectivo de destacar e promover a música para a una formación de cámara tan poco habitual como a de soprano, trompa e piano e tender pontes entre as culturas galega e galesa.
Estos músicos son solistas e especialistas nos repertorios de música de cámara e orquestra, e xuntos gravaron os tríos do compositor galés Anthony Randall, cuxo traballo aportou unhas obras de gran beleza e sentimento ao repertorio para esta agrupación.
Trío Preseli tamén presenta novas e apaixonantes interpretacións de obras maestras para esta orquestración, como Auf Dem Strom de Franz Schubert ou Alphorn de Richard Strauss. Esta flexibilidade para intercambiar entre repertorio establecido e obras de nova encomenda é o selo deste ensemble.