A Biblioteca da Carballeira acolle este vernes nova sesión de contacontos para a cativada

OurenseXa
A actividade forma parte do ciclo de narración oral para público infantil que organiza o Concello de Ourense en colaboración co programa “Ler conta moito”
biblioteca-recurso
17 Jul 2025

Este xoves ás 11.00 horas tivo lugar na Biblioteca Municipal da Carballeira o espectáculo de contacontos “Viaxa cos libros”, a cargo de Manuel Solla. A actividade forma parte do ciclo de narración oral para público infantil que organiza o Concello de Ourense en colaboración co programa “Ler conta moito” da Xunta de Galicia.

A próxima sesión será o martes 22 de xullo, tamén ás 11.00 horas, na Biblioteca da Ponte, coa obra “Brincadeira pirata” da compañía Galerna Crúa.
As persoas interesadas poden inscribirse previamente nas propias bibliotecas municipais.

0.33299899101257