A Biblioteca de Allariz pechou 2025 con case 1.300 usuarios e unha intensa actividade cultural

A Biblioteca Municipal de Allariz rexistrou durante o ano 2025 un total de 1.295 persoas usuarias, entre as que se inclúen 69 novas altas adultas e 37 infantís.
En canto aos préstamos, realizáronse 2.146 na sección de adultos e 1.549 na infantil, reflectindo a actividade de préstamo tanto para maiores como para os máis pequenos.
A programación cultural da biblioteca tamén foi significativa, con un total de 6 sesións de canticontos e 25 obradoiros e actividades de diversa índole. Ademais, o club de lectura reuniuse en 3 ocasións e organizou 2 viaxes para as persoas participantes.