A biblioteca de Esgos celebra o Día do Usuario recoñecendo aos seus visitantes máis fieis

Durante o mes de xaneiro, con motivo do Día do Usuario nas bibliotecas públicas, a biblioteca de Esgos quere facer un recoñecemento especial aos seus usuarios máis asiduos e aos que máis libros retiraron ao longo do ano.
Entre os adultos que máis visitan a biblioteca están Chita, Marti Carmen e Martín, mentres que no grupo de mocidade destacan Galiza, Eva e Fernando. No ámbito infantil, os usuarios máis habituais son Hugo, Xabi e Dana.
En canto aos préstamos, tres veciños (Moncho, Loli e Layo) lideran entre os adultos, mentres que outros tres (Eva, Fernando e Ainhoa) son os máis activos na mocidade. No grupo infantil, Xabi, Dana e Noa son os que máis libros retiraron.
Desde a biblioteca de Esgos lembran que os usuarios son a razón de ser das bibliotecas públicas e agradecen o seu interese e participación continua.