A Biblioteca de Maceda organiza unha nova sesión de xogos de mesa
OurenseXa
A "Mesa Compartida" deste xoves terá lugar ás 17:30 horas cunha sesión de Patry & Co para público xuvenil

17 Dec 2025
O Concello de Maceda organiza unha nova sesión da actividade "Mesa Compartida" destinada ao público xuvenil. A cita será mañá, xoves 18 de decembro, ás 17:30 horas na Biblioteca de Maceda.
Nesta ocasión, os participantes poderán gozar xogando a Patry & Co, un xogo ideal para pasar unha tarde divertida e fomentar a colaboración en equipo. Desde o Concello animan a todas as mozas e mozos interesados a achegarse para compartir unha tarde diferente e de lecer en boa compañía.