A Biblioteca de Maceda organiza unha sesión de “El pueblo duerme” para o público xuvenil

A Biblioteca Pública Municipal de Maceda organiza este xoves, 23 de outubro, ás 17:30 horas, a actividade “El pueblo duerme”, un xogo de misterio e intriga dirixido ao público xuvenil.
A proposta convida aos participantes a poñer a proba a súa capacidade de dedución para descubrir quen mente e quen di a verdade, nun ambiente divertido e participativo. A actividade é de acceso libre e non require inscrición previa.