A Biblioteca de Maceda prepara una semana chea de actividades para todas as idades

A Biblioteca Pública Municipal de Maceda organiza varias propostas para conmemorar o Día das Bibliotecas, cun programa que se desenvolverá do xoves 23 ao domingo 26 de outubro e que inclúe actividades para diferentes públicos.
O xoves 23, ás 17:30 horas, o público xuvenil poderá participar no xogo de misterio “El pueblo duerme”. O venres 24, tamén ás 17:30 horas, celebrarase a Festa de Librolandia, dirixida a nenos e nenas de Educación Primaria.
O sábado 25, ás 18:00 horas, será a quenda do mago Paco, que ofrecerá un espectáculo de maxia pensado para toda a familia. Por último, o domingo 26, ás 12:15 horas, os máis pequenos poderán gozar dunha sesión de cinema infantil dentro da actividade “Cinesiño”.
Desde a biblioteca animan a toda a veciñanza a participar nestas propostas, pensadas para celebrar a lectura e o gozo das bibliotecas dun xeito lúdico e compartido.