A Biblioteca de Pereiro de Aguiar chama a participar nun “bookface” polo Día do Libro

OurenseXa
As persoas interesadas poderán enviar as súas creacións ata o 21 de abril
biblioteca-pereiro
13 Apr 2026

Con motivo da celebración do Día do Libro, a Biblioteca do Pereiro de Aguiar organiza unha actividade creativa de “bookface”, unha proposta que consiste en realizar unha fotografía na que a cara ou outra parte do corpo coincida coa imaxe da portada dun libro, creando unha composición visual orixinal.

A organización indica que é imprescindible que o título do libro se vexa claramente na imaxe, co obxectivo de reforzar o elemento literario da proposta. No caso de que na fotografía apareza a cara da persoa participante, a participación implica a autorización ao Concello para a súa publicación nos medios de difusión.

As persoas interesadas poderán enviar as súas creacións ata o 21 de abril. Os traballos deben remitirse ao correo electrónico cultura@concellopereiro.com ou a través de WhatsApp no número 685 528 538.

0.088030815124512