A Biblioteca Municipal de Allariz festexa o Día do Libro
OurenseXa
Os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Padre Feijóo visitaron esta mañá a Biblioteca Municipal de Allariz con motivo do Día do Libro.
A Biblioteca Municipal de Allariz festexa o Día do Libro
23 Abr 2024
Os nenos e nenas de 4º de primaria do CEIP Padre Feijóo visitaron esta mañá a Biblioteca Municipal de Allariz con motivo do Día do Libro.
Dende o Concello veñen organizando este tipo de talleres ao longo de todo o mes de abril, co obxectivo de fomentar a lectura entre os máis cativos.
Os libros que se traballaron foron "O koala que pudo" onde trataron as emocións, neste caso o medo. O outro foi "Shhh! Estou lendo" onde se fala da lectura como unha aventura apaixoante. De esta forma, Allariz achega a lectura aos nenos e as nenas do Concello de forma amena e divertida, co obxetivo de fomentar esta práctica entre os rapaces.