A Biblioteca Municipal de Barbadás acolle este xoves un contacontos a cargo de Charo Pita

OurenseXa
Será ás 18:30 horas e require inscrición previa
Biblioteca-barbadas
28 May 2025

A Biblioteca Municipal de Barbadás acollerá este xoves, 29 de maio, o contacontos ‘A corpo contado’, a cargo da narradora Charo Pita. Trátase da última das actividades programadas polo Concello de Barbadás para celebrar o mes das letras.

A narración fala das “calidades máxicas do corpo” a través dunha serie de historias procedentes de distintas partes do mundo, protagonizadas por personaxes diversos.

A actividade comezará ás 18:30 horas e será necesario inscribirse previamente a través do correo electrónico biblioteca@barbadas.es.

⚙ Configurar cookies
0.15653610229492