A Biblioteca Municipal de Barbadás continúa este martes cos contacontos en inglés

A Biblioteca Municipal de Barbadás continúa este martes, 28 de outubro, coas súas sesións de contacontos en inglés para os máis pequenos con “The Colour Monster”, dirixido a nenos e nenas de 4 a 6 anos.
A actividade, explican dende a organización, axudará aos cativos a descubrir e entender as súas emocións a través das cores, traballando a intelixencia emocional, facendo unha manualidade creativa e xogando co vocabulario das emocións e das cores.
As sesións terán lugar en dous horarios, ás 17:00 e ás18:00 horas, e será preciso iscribirse previamente a través do correo biblioteca@barbadas.es.