A Biblioteca Municipal de Celanova acollerá un obradoiro de cosmética ecolóxica

OurenseXa
Será o luns, 4 de agosto, e haberá que anotarse previamente
obradoiro-cosmetica-biblio-celanova
28 Jul 2025

O vindeiro luns, 4 de agosto, a Biblioteca Municipal de Celanova acollerá o Obradoiro de limpeza e cosmética ecolóxica, unha actividade dirixida a todas as persoas interesadas en aprender a elaborar os seus propios produtos cosméticos de forma respectuosa co medio ambiente.

O taller desenvolverase de 11:00 a 13:00 horas e as persoas interesadas poden inscribirse previamente na propia biblioteca.

A actividade está organizada polo Concello de Celanova no marco do programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia.

⚙ Configurar cookies
0.22326898574829