A Biblioteca Municipal de Esgos acollerá unha charla sobre emprendemento o 16 de outubro

O Polo de Emprendemento e Apoio ao Emprego de Baños de Molgas organizará unha xornada informativa sobre emprendemento o próximo xoves 16 de outubro, que se celebrará na Biblioteca Municipal de Esgos en horario de 17:30 a 19:30 horas.
O equipo técnico do Polo será o encargado de impartir a charla, que abordará temas como os servizos gratuítos do polo, as subvencións ao emprendemento, así como axudas específicas para o sector turístico e de hostalería e medidas de eficiencia enerxética.
As persoas interesadas poden inscribirse ou solicitar máis información na Biblioteca de Esgos chamando ao 988 482 684 ou mediante WhatsApp ao 607 494 439, así como contactando cos técnicos do Polo de Emprendemento nos teléfonos 672 944 055 e 641 599 418.