A Biblioteca Municipal de Pereiro de Aguiar organiza esta semana dous obradoiros de Nadal para nenos

A Biblioteca Municipal do Pereiro organiza esta semana dous obradoiros de Nadal dirixidos a nenos e nenas do municipio de distintas idades.
O primeiro terá lugar este luns, 15 de decembro, e estará dirixido a nenos de 5 a 8 anos, mentres que o segundo será o día 18, para nenos maiores de 8 anos. As inscricións para ambas actividades poden realizarse directamente na biblioteca ou chamando ao teléfono 988 25 98 39.
Dende o Concello animan a todas as familias a participar nestas propostas educativas e entretidas que forman parte da programación de Nadal local.